No puede realizar pedidos desde su país. United States

Editoriales

Información

Productos más vistos

FLOR DE SANTIAGO Ver más grande

FLOR DE SANTIAGO

9788494788208

RUTH VARELA

Más detalles

249 PAG. TAPA DURA

1 | 2017

Formas de Pago
Formas de Pago

Más

O libro Flor de Santiago narra unha historia de gran poder signifi- cante que nunca foi contada, a historia dunha flor, e sobre todo a historia do nome dunha flor, bautizada polos españois como Flor de Santiago; un nome que é froito do intercambio cultural, cientí- fico e relixioso, que comeza no século XVI, entre México, España e Galicia. A Flor de Santiago é unha das flores de maior beleza e de maior pregnancia simbólica do reino das plantas, unha flor sagrada para os aztecas, que a partir do século XVI vai converterse en obxecto de culto entre as elites europeas, en sinal de espiritualidade, de cultura, de gusto e de distinción. A Flor de Santiago, a atzcalxōchitl azteca, é un símbolo da relación entre América e Europa e, en particular, entre México e España, entre Nueva Galicia e Galicia, entre a cidade mexicana de Compos- tela e a cidade galega de Santiago de Compostela, e entre un gran número de poboacións europeas e americanas que incorporan ao seu topónimo o nome de Santiago. O título deste libro pode resultar en principio pouco familiar para a maioría dos lectores, esquecido como estaba tras o fragor de seculares batallas nominativas. Como exemplo destas batallas, baste dicir que non é casual que no ámbito científico a Flor de San- tiago sexa coñecida hoxe como Sprekelia formosissima; un binomio imposto polas elites botánicas luteranas, ansiosas por ocultar toda referencia a Santiago; non hai que esquecer aquí que o mundo natural era considerado «emanación e símbolo dunha realidade trascendente» e que o exercicio de nomear as plantas había de rea- lizarse en continuidade coa obra da divindade creadora. Coñecidas estas premisas é doado pensar que a palabra Santiago, asociada ao nome común dunha flor cruciforme e de tan extraordinaria beleza, non podía pasar desapercibida. ¿Cal é o significado da Flor de Santiago? ¿Por qué se escolle este peculiar apelativo? ¿Por qué o nome común Flor de Santiago conse-gue pervivir até hoxe na memoria simbólica da cultura mexicana, europea e galega?